Páginas

terça-feira, 12 de abril de 2011

Sempre Galiza! – Uma rua num porto distante, por Daniel Castelão


publica-se às 3ªs e 6ªs
coordenação Pedro Godinho


Daniel Castelão foi o nome escolhido para o 2º Dia das Letras Galegas (1964).

Artista, escritor e político é considerado um dos fundadores do nacionalismo galego.

De entre os contos, sobre cousas da vida, incluídos nos dois livros de Cousas (1926 e 1929), escolhemos para hoje, com desenhos também de Castelão:



UNHA RÚA NUN PORTO LONXANO


Unha rúa nun porto lonxano do norte. As tabernas están acuguladas de mariñeiros e botan polas súas portas o bafo quente dos borrachos. Xentes de tódalas castes do mundo, cantigas a gorxa rachada, música de pianolas chocas, moito fedor a sebo...

Un mariñeiro que fala francés tropeza cun mariñeiro que fala inglés. Os dous fanse promesas de gran amistade, cada un no seu falar. E sen entenderse, camiñan xuntos, collidos do brazo, servíndose mutuamente de puntales.

0 mariñeiro que fala francés e maiío mariñeiro que fala inglés entran minha taberna servida por un home gordo. Queren perde-lo sentido xuntos para seren máis amigos. Quen sabe se despois de ben borrachos poderán entenderse!

E cando o mariñeiro que fala inglés xa non rexe co seu corpo, comenza a cantar:

Lanchiña que vas en vela,
levas panos e refaixos
para a miña Manoela.

0 mariñeiro que fala francés arregala os ollos, abrázase ó compañeiro e comenza tamén a cantar:

Lanchiña que vas en vela,
levas panos e refaixos
para a miña Manoela.

A-iu-jú-jú!! Os dous mariñeiros eran galegos.

0 taberneiro, gordo coma una ilamengo de caste, veu saí-los dous mariñeiros da taberna e pola súa faciana vermella escorregaron as hágoas. E dispois dixo para si nun laído saudoso:

Lanchiña que vas en vela,

Tamén o taberneiro era galego.

Sem comentários:

Enviar um comentário